sábado, 8 de septiembre de 2007

Sordeira.

Non podía ser perfecto. A veciña do cuarto piso padece de sordeira. Non é que non nos de pena pero case me daría igual se non fose porque lle gusta escoitar a radio. Seica a moita da xente maior tamén lle gusta durmir ata tarde pero a esta gustalle madrugar.
Dende o noso dormitorio escoitase Punto Radio dende as sete da mañá coma se estiveramos dentro do estudio de grabación.
Hoxe desperteime escoitando a un economista falar da subida das hipotecas e pensei que me quedara a televisión encendida pola noite. Saín da cama buscando de onde saían esas voces coma quen busca lume na casa ata darme conta que era o teito do dormitorio o que se convertira nun amplificador.
A min non me importa moito madrugar así que fun para o salón a seguir coa miña relectura de Kerouac. Mentres non se desperte María , pensei , todo vai ben. María tardaría tres minutos en despertarse e o primeiro que fixo foi aporrear a parede e soltar un insulto que non podo reproducir aiquí .
Eu marcho da casa cedo e medido durmido así que non me entero de nada pero seica a moi condenada encende a radio todos os días á mesma hora .Ainda así pensamos que nos daría unha tregua as fins de semana.
Durante o almorzo matinamos nun plan de contrataque. Eu teño uns cuadros para colgar no salón e vou esperar a hoxe á noite , ó voltar de sair de madrugada , para facer os buratos co taladro na parede. Se ela se ergue cedo pois eu deitome tarde .Tamén pensamos en deixarlle unha notiña na porta , en comprar algún aparato que distorsione as ondas de radio ou en engraxar a escaleira a ver se cae e pasa uns dias no Cristal Piñor. Bueno , tamén pensamos en mercar uns tapóns para os oídos , que no fondo , moi no fondo , somos boa xente.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Como vos entendo....os veciños de abaixo xa tiveron a meniña. O pricipio era gracioso escoitar un bebé,..buaa buaaa, pero cando berrea cada tres hora e son as 4 da mañá xa non é tan gracioso...Eu xa optei polos tapós xq ata q cumpra os 36 e se vaia da casa,...pasaremos por moitos choros, broncas....
Bicos mil.
PD: vodafone fixo o q puido pero.....é un Mac....jajaja