jueves, 20 de septiembre de 2007

Ajuntamiento

Era moita a expectación que rodeaba esta boda entre Carolina e Carlos.
A misa celebrouse na igrexa do Mosteiro de Santo Estevo , e foi tan fermosa como longa. O coro estivo espectacular incluso para os que pensamos que un bo exemplo de música clásica son Bon Dylan ou Led Zeppelin. Fixose eso sí un chisco longa , máis que nada por que ó fondo , onde nos estabamos , ó cura non se lle oía nadiña. O home murmuraba cousas sobre o matrimonio , a fidelidade e sacrificar cordeiros mentras nas derradeiras filas adicabamonos a sacar fotos e comentar os modelos da xente . O que si escoitamos con meridiana claridade foi a fórmula que o párroco empregou para dicir que xa estaban casados: "...y va a resultar que ya son esposos , así que démoslles un aplauso". Mi madriña , dez anos de seminario pra isto. Se quería ser orixinal mellor lle houbera sido dar a comunión con sobaos pasiegos.

Os noivos estaban juapísimos e entre os invitados había modeliños pra todos os gustos. Non faltaron colares de piedrolings , os traxes con cheiro a naftalina e coches encerados no parking. Eu da familia deles non coñecía a ninguen pero seica o tempo está a facer estragos nalgún primo que era un playboy nos anos 90.
Dos aperitivos que nos puxeron no impresionante Claustro dos Obispos , destacar a panzada que María se pegou de xamón de belotra , e os platos de dátiles con panceta que rillaron Oscar e Quique. Estratéxicamente situados na entrada ó recinto , fixeron unha barricada humana e non creo que pasase plato algún para as outras mesas.
Todo estaba moi bo así que cando nos sentamos a cear xa casi non tiñamos fame. A cena tivo momentos realmente divertidos coma cando tentamos compoñer unha versión erótico-festiva do clásico popular "bailaches Carolina" pra cantarlles ós noivos. Aiquí Oscar consagrouse na pandilla como humorista e sentín pena de non ter unha cámara de vídeo pra colgar a sua canción no youtube. Rimos coma nunca e chegado o momento de cantar cada un cantou o que lle veu en gana.
Os camareiros non paraban de trasfegar viño nas copas en canto un se xiraba así que había que ter moito coidado para non rematar peneque .
A figuriña dos noivos tras moitos paseos voltou parar na nosa mesa ante o aplauso xeralizado e descansa agora no moble de entrada da casa. O ramo que supuñamos ía ser pra Quique foi ó final pra Rita que o recibiu con emoción contida.
Houbo no café amago de discurso por parte do padriño e co bandullo cheo fumos botarlle unha ou duas pezas. Puxemos o video que fixeran Rivas & Seara produccións e tralo vals de rigor empezou a festa rachada.
Da música so lembro a sobredosis de merengue coa que nos agasallaron ó comenzo , e un popurrí cos grándes éxitos de Manolo Escobar que debeu durar uns vinte minutos.
Ainda que estabamos cansos diunos pena marchar e que o día rematase. A felicidade non pode atraparse e tras este veñen outros días máis grises e tristeiros , pero a lembranza dos bos momentos danos forzas a todos.

4 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Vale! e as fotos dos noivos??????ti viches boda sen noivos!!q os q non stivemos qeremos dar fe d q staban tan reguapos!!!!!Por certo a Rosa xa non debería levar eses escotes, unha futura nai debe ser mais recatada (Maruxa dixit..... jaja)

Taboada Testa dijo...

Qero fotos dos noivosssssssssssss, e algunha mais dos invitados, a Meri de pe, a espe...en fin MAIS FOTOSSSSSSSSSSSSSSS
bicos.

Taboada Testa dijo...

Por certo as fundas do quique sonche ben branquiñas oh!! jajajajjajajajajaja

Unknown dijo...

O mellor foi o remate do cura, vese que tiña o guión pouco traballado ou que xa levaba cinco misas ás costas. En fin, esto coa misa en latín abofé que non pasaba...